Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Polideportivo

As Axudas DGAN 2025 acadan dous récords históricos

A Fundación Deporte Galego da Xunta aumenta tanto o número como o importe total das mesmas

Imagen de todos os deportistas paralímpicos que reciben unha Axuda DGAN
Imagen de todos os deportistas paralímpicos que reciben unha Axuda DGAN
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina

A Fundación Deporte Galego, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de resolver as axudas DGAN-TAXAGAN para deportistas galegos de alto nivel, así como técnicos, adestradores, xuíces e árbitros de alto nivel 2025 acadando un récord histórico en formato dunha única convocatoria tanto en número de axudas con 595 como en importe total das mesmas con 840.320 euros. Cómpre salientar que, en 2024, acadouse o récord de preto dun millón de euros (958.120 euros) en axudas DGAN pero con dúas convocatorias de axudas, a ordinaria e a correspondente aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París. 

Cómpre salientar que, das 595 axudas concedidas -270 para deportistas femininas e 325 para deportistas masculinos-, piragüismo é a federación con maior número, acadando un total de 127, seguida por taekwondo (52), patinaxe (41); salvamento e socorrismo (34), atletismo (28), deporte adaptado (25), tríatlon (23), vela (23), remo (14) e boxeo (10).

No que respecta á distribución territorial, a provincia de Pontevedra acadou 293 axudas, seguida por A Coruña con 227, Lugo (50) e Ourense (25).

Carlos Arévalo obtén unha Axuda da segunda contía máis alta
COE

O prazo de reclamacións está aberto ata o vindeiro 19 de xaneiro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no correo electrónico fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal, no rexistro da Fundación Deporte Galego ou en calquera rexistro oficial, utilizando o ‘Anexo Reclamación’, a descargar na páxina web.

Máis polo miúdo, as axudas concedidas foron unha Axuda DGAN Ouro Olímpico (12.000 euros) para a paratriatleta Susana Rodríguez Gacio; sete Axudas DGAN Bronce Olímpico (8.000 euros) para a esgrimista en cadeira de rodas Judith Rodríguez, o boxeador coruñés Enmanuel Reyes,  o paraciclista coruñés Damián Ramos, os padexeiroDiego Domínguez,  Rodrigo Germade e o  betanceiro Carlos Arévalo, e o tenista en cadeira de rodas Martín de la Puente.

As quince Axudas DGAN Diploma Olímpico (6.000 euros) son para a  atleta coruñesa Yulenmis Aguilar e a riveirense Ana Peleteiro, os atletas adaptados Gustavo Nieves e Adiaratou Iglesias, os nadadores adaptados Juan Ferrón e o herculino Jacobo Garrido, a xogadora de baloncesto en cadeira de rodas María Victoria Alonso, os remeiros Rodrigo Conde e Caetano Horta, as padexeiras Estefanía Fernández, Carolina García, Antía Jácome, Sara Ouzande e Teresa Portela e a padexeira adaptada, Araceli Menduíña

Jacobo Garrido recibe unha Axuda DGAN Diploma Olímpico 
RFEN

A doce Axudas DGAN Participación Olímpica (5.000 euros) as acadan os atletas Adrián Ben e Ester Navarrete, a regatista Támara Echegoyen, o judoka David García, a balonmanista valdoviñesa Alicia Fernández, os padexeiros Pablo Crespo, Manuel Ochoa e Matías Otero, o triatleta Antonio Serrat e a atleta adaptada Desirée Vila.

A única Axuda DGAN 1 (6.000 euros) é para a deportista de kickboxing Alicia Sánchez. As cinco DGAN 2 (5.000 euros) son a atleta Antía Chamosa, o atleta adaptado Gustavo Dacal, a deportista de salvamento e socorrismo Andrea Goimil, o deportista de kickboxing Pablo González e a padexeira Alba María Rodríguez. 

Ademáis, hai 19 Axudas DGAN 3 (4.000 euros); 90 DGAN 4 (2.000 euros); 81 DGAN 5 (1.000 euros); 322 DGAN 6 (ata 1.000 euros) e unha Axuda dobre 6 máis o 50% doutra Axuda 6 (800 euros) para o surfista e padexeiro, Iván Puente.

No caso dos técnicos e xuíces outorgouse unha Axuda TA Ouro Olímpico (6.000 euros) para Luis Alberto Piña (paratríatlon); tres TA Bronce Olímpico (4.000 euros) para José Manuel Cardesín (ciclismo adaptado); Manuel Mariño (esgrima adaptada) e Luciano Planas (boxeo); cinco TA Diploma Olímpico (3.000 euros) para Raimundo Fernández, Manuel Martínez e Adolfo Vila (atletismo); Benito Horta (remo) e David Novas (piragüismo); cinco TA Participación Olímpica (2.500 euros) para Esteban Alonso e José Luis Ourille (piragüismo); Frank Casañas e Manuel Vigo (atletismo) e Marcos Fernández (vela).

Enmanuel Reyes conta cunha Axuda de 8.000 euros 
COE

Completan o listado de axudas unha TA2 (3.000 euros); oito TA 3 (2.000 euros): catro TA 4 (1.000 euros); así como dúas dobres, por unha banda unha TA Diploma Olímpico máis o 50% dunha TA Participación Olímpica (4.250 euros) para Daniel Brage (piragüismo). Pola outra banda, unha TA Participación Olímpica máis o 50% dunha TA 3 (5.000 euros) para Daniel Costa (piragüismo).

Tocante aos árbitros e xuíces concedéronse catro Axudas XA 1 (3.000 euros) para Manuel Franco (tenis); María Inmaculada Pazos (ximnasia) así como Loreto Pérez e Dolores Rojas (atletismo); sete XA 2 (2.000 euros) e unha XA 3 (1.000 euros).

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica