Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Depote | Hockey

Belén do Campo e Roberto García reciben e felicitan ao Marineda

O club coruñés proclamouse recentemente campión da Copa Princesa

Recepción institucional del Marineda
Recepción institucional del Marineda
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A delegada da Xunta da Coruña, Belén do Campo, xunto ao secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiron esta tarde ás xogadoras do Marineda Hóckey, campionas da Copa S.A.R. A Princesa Feminina, nun acto no que lles trasladaron os parabéns en nome do Goberno galego polo seu recente éxito deportivo.

Durante a recepción, os representantes autonómicos destacaron o traballo, o esforzo e a dedicación dun equipo de recente creación que xa está a facer historia no hóckey a patíns feminino galego. O club, fundado en xuño de 2025, compite na OK Liga Prata Feminina —a segunda categoría nacional— onde actualmente ocupa o primeiro posto da clasificación, con serias opcións de ascenso á OK Liga Feminina, máxima categoría estatal.

A Copa S.A.R. A Princesa Feminina dispútana os dous mellores equipos da OK Liga Prata Feminina ao remate da primeira volta, xunto cun conxunto procedente da Primeira Nacional Catalá Feminina designado pola Federación Catalá de Patinaxe e o equipo organizador, que debe militar tamén na OK Liga Prata Feminina.

O cadro está integrado por 11 xogadoras que, en poucos meses de traxectoria, lograron situar ao club entre a elite da categoría, converténdose nun referente do deporte feminino na Coruña e en Galicia.

No encontro tamén se puxo en valor o apoio da Xunta ao deporte de alta competición. Neste senso, o Marineda Hóckey recibiu, neste ano 2026, a colaboración económica do Goberno autonómico a través do patrocinio da Fundación Deporte Galego no marco do programa “Equipos de Alta Competición”.

A delegada territorial salientou que “é un orgullo para Galicia contar con equipos que, en tan pouco tempo, acadan resultados tan destacados e contribúen a visibilizar e fortalecer o deporte feminino”, e reiterou o compromiso da Xunta co impulso ao talento deportivo e coa promoción da igualdade no ámbito do deporte.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina